Select your tickets
Event details
Pedras de cartón presenta “Carapuchiña”, o quinto espectáculo da compañía, no que traballa cun dos clásicos máis populares da literatura infantil. Carapuchiña é un conto de fadas de transmisión oral, adaptado posteriormente por Charles Perrault e máis tarde polos irmáns Grimm. Pedras de cartón toma como punto de partida o clásico para xogar cos contos populares. Nunha vella panadaría, dous panadeiros comezan a súa rutina diaria na que van colocando os pans, os bolos e tódolos utensilios para abrir a tenda. Mais ese día pasan os minutos e ninguén aparece... A partir de esta situación xogamos a desarmar os contos que todos coñecemos: Os tres porquiños, Xan e as fabas máxicas, o Parrulo Feo, Brancaneves, o Soldadiño de Chumbo... e a Carapuchiña Vermella. “Carapuchiña” é unha comedia de teatro de obxectos protagonizada por Juan Rodríguez e Leonardo Casado que xoga coa historia cunha linguaxe xestual, case sen palabras e ambientada no mundo da panadería tradicional.
ESTRENA MARZO 2025!!
Access policy