AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN de Chévere

Auditorio Municipal da Casa da Cultura. Casa da Cultura - Ver mapa
8.11.2025 20:00
Organizado por Concello de Outes

Selecciona tus entradas

Planta baja

5,70 €
O prezo da entrada é de 5 € aos que se lle suman 70 céntimos dos gastos de xestión da plataforma de venda telemática. Descontos e máis información na descrición do evento.

Planta de arriba

5,70 €
O prezo da entrada é de 5 € aos que se lle suman 70 céntimos dos gastos de xestión da plataforma de venda telemática. Descontos e máis información na descrición do evento.

Movilidad Reducida

5,70 €
O prezo da entrada é de 5 € aos que se lle suman 70 céntimos dos gastos de xestión da plataforma de venda telemática. Descontos e máis información na descrición do evento.
Precio final. Gastos de gestión incluidos.
Total:
0,00 €
Total
0,00 €

Descripción del evento

CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA

As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.

Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE


SINOPSE E DESCRICIÓN DA OBRA


As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira. As Fillas Bravas viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen a reafirmar modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva.
As Fillas Bravas é un recital teatralizado que actualiza a vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional, creando e transmitindo un tremendo repertorio de creatividade colectiva arredor da música, o baile e o canto . É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflectidos nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral.

Política de acceso

Obra recomendada para público adulto (maiores de 12 anos).

Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.