selecciona as túas entradas
Venta online cerrada.
Para máis información pregunta ao organizador do evento.
Os datos do organizador están no apartado "Organizado por".
Descripción do evento
Santiago Fernández, ilusionista, mentalista e humorista arxentino de 24 anos, neto de salcedenses, chega por primeira vez a Galicia para presentar o seu espectáculo “La Magia de una Sonrisa”. Un show co que xirou por varios teatros importantes de Bos Aires, combinando maxia, emoción e moito humor.
Será unha noite especial de maxia, humor e mentalismo con fin solidario: a recadación íntegra destinarase a Aceesca, Asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual de O Porriño, para o seu proxecto de vivenda “Miña casa, miña comunidade”.
Con máis de unha hora de espectáculo e participación do público, Santiago ofrece unha experiencia pensada para todos os públicos, cun estilo fresco e persoal que conquistou á crítica e aos espectadores en América Latina.
Unha oportunidade única para sorrir, sorprenderse e colaborar cunha causa que importa.
¡Non o perdas!
Política de acceso
Comentarios
2