Acquista i tuoi biglietti
Descrizione dell'evento
«A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa onde a artista plástica convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo.
Monicreques, música e outras sorprersas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.»
Un espectáculo para bebés especialmente recomendado para o seu desenvolvemento sensorio-motriz autónomo.
Un espectáculo-instalación elaborado para favorecer o xogo e que nos incita a deixarnos levar polos sentidos. A obra propón un espazo para ir á descoberta da contorna onde podemos tocar texturas diversas, crear sons, percibir diferentes cheiros, explorar espazos que evocan un bosque con árbores que aparecen e desaparecen.
A actriz inicia unha viaxe á que despois convida ás nenas e nenos a participar e aos acompañantes a observar sen interferir.
DURACIÓN ESTIMADA: 35-40 MINUTOS
ESPECTÁCULO RECOMENDADO PARA NEN@S ENTRE 6 MESES E 3 ANOS.
Politica di accesso